top of page

Ons

Actualizado: 8 oct 2021


Que está a pasar na Galicia nestes últimos anos? Tanto ten que falemos de música, de teatro coma de danza, o xurdimento de xenios creativos é imparábel. E nesta corrente non podemos deixar atrás o cine, arte que con figuras do tamaño de Paula Cons, Óliver Laxe, Eloy Enciso e Alfonso Zarauza, entre outros, conforman o que moitos xa catalogan como o Novo Cinema Galego. Cunha orixinal forma de ollar o mundo, a nosa maneira de habitar a vida trascende a pantalla e leva ao espectador a sentires, relatos e historias que dixéronnos os avós cando eramos pequenos.


Neste caso traio ao lector/a unha modesta crítica ao último filme de Alfonso Zarauza, titulado Ons (2020). Despois de seis largos anos desde o estreo de Os Fenómenos, Zarauza volve a súa terra galega para asinar unha das películas máis ambiciosas da sua carreira artística. Cunha historia que xira en torno ao matrimonio de Mariña (Melania Cruz) e Vicente (Antonio Durán Morris), os cales chegan a pasar o verán á illa de Ons onde viven o irmán da esposa Antón (Xulio Abonjo) e a sua parella Isabel (Marta Lado). A depresión de Vicente, causada por un accidente de coche, afectará de maneira profunda o benestar do matrimonio, quenes tratarán coma bálsamo o viaxe. A mellora de ánimo de Vicente tornaráse en detrimento da saúde psicolóxica de Mariña, mais cando a fin do verán tropézase co inicio do outono e das súas tormentas, que faran da illa tanto un paraíso de soidade para ún coma unha cárcere inclemente para o outro.

Ons Cine Galego Fernando Mosteiro
Vicente e Mariña chegando á illa de Ons ao comezo da longametraxe

Ons é unha mostra clara e vehemente da búsqueda de estabilidade emocional en entornos abruptos, toda unha topografía sentimental tal e coma se refiren os nosos personaxes durante o filme. O ánimo de facer partícipe ás paisaxes da illa de Ons logra a sua tarefa, logrando que a fotografía da película sexa un pilar dramático de primeira orde, deixando sen afogos ao espectador a cada fotograma.


Teño que reconocer que durante o visionado da película non poiden evitar notar reminiscencias dun soberbio e austero Bergman nos seus filmes que rodou na isla de Farö. Zarauza propón unha película aparentemente sinxela, pero poética e profunda, na que a paisaxe penetra gradualmente tanto no espectador coma nos personaxes, que evolucionan de xeito case oposto. A aparación dunha muller na isla que sufre un naufraxio desencadeará sucesos que provocarán un estado de inquietude e desconfianza entre a parella e os seus familiares.


Xoga un papel máis que importante o faro da illa, do cal é fareira a cuñada de Mariña, xa que as relacións dos distintos personaxes semellan funcionar polo que podemos denominar coma a paradoxa do faro. Os faros son a luz que che guían pola noite mentras navegas para darche seguridade, pero tamén son un elemento ao que debes evitar achegarte para non sufrir unha traxedia. Coma dixemos antes os personaxes da película seguen, de maneira inconsciente, ese mismo proceso de atracción e distanciamento, dende a máis pura necesidade até a ameaza.

Ons Cine Galego Fernando Mosteiro
A néboa coma axente laberíntico nos outonos da illa presaxia a confusión e malestar de Mariña

O plantel de actores resulta ser un acerto por parte do director, xa que Zarauza centrou os seus esforzos en que os actores interpretasen o seu papel do xeito máis sobrio, de xeito que cada pequeno detalle xestual aporte sentido ao texto. En palabras do propio Zarauza nunha entrevista concedida ao xornal La Voz de Galicia o 27 de agosto de 2021 confesou sobre a sua protagonista Mariña, representada por Melania Cruz, o seguinte:


P -Hipnotízanos en «Ons» a forza de Melania Cruz.


R -Deuno todo tanto que, cando acabou a peli, colleu unha depresión. Non estou orgulloso diso. Díxenlle: «Melania, non pode ser, a saúde é sagrada». Pero ela non o pode evitar, tiña o personaxe de Mariña tan metido no seu corpo, no seu espírito, viviuno tan intensamente que, un par de días antes de acabar a rodaxe, bloqueouse. Ela é incriblemente boa, non falla nunca. Pero bloqueouse nunha escena por agotamento emocional. Tivemos que parar un momentiño a rodaxe, media hora, camiñamos, logo volveu e fíxoo perfecto, como sempre. Melania é unha actriz fascinante, o vive todo tanto... Esta peli sen Melania non sería igual.


Na mesma entrevista podemos observar a peculiar maneira coa que aborda o director o tema principal do filme:


P -«Ons» ten un punto extraterrestre, pero fala de cousas moi humanas, recoñecibles, a crise das relación, a perda, a infidelidade... a soidade das parellas.


R —Si. Aínda que parezan crises ficcionadas, todas as parellas teñen crises dentro, cousas das que non se fala. A vida non é perfecta, é fermosa pero é complexa. Hai crises que xeran fantasmas en nós que fan que ás veces as relacións vaian apodrecendo. Pero non se trata só de mirar a enfermidade da relación, senón tamén a fermosura da resistencia das relacións.


A modo de conclusión, Ons pode chegar a pecar dunha extrema sutileza no seu argumento que para moitos espectadores pode provocar cansanzo e falta de conexión co que están vendo, deixando no aire moitas incógnitas que só poderán ser resoltas na mente dun ávido espectador. Ao final podemos entender o que pasa despois de facer unha reflexión sobre o que se ve, pero a primeira vista non se verbaliza nada. Do mesmo xeito, é unha longametraxe de paisaxes e personaxes, pero non por iso só debemos deixarnos abraiar pola beleza que aparece ante os nosos ollos.



Pros:


Apartado técnico brillante, tensión mantida con soberbia durante toda a metraxe e unha Melania Cruz en estado de graza


Contras:


A falta de conclusións na derradeira parte da película pode deixar con mal sabor de boca ao espectador



Nota persoal:




18 visualizaciones0 comentarios

Entradas relacionadas

Ver todo

Mimosas

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
bottom of page